Un dos grandes retos de todo afeccionado ou profesional da apicultura é poder garantir la sanidade das suas colmeas, condición indispensable para a sua supervivencia e productividade. 

A apicultura convencional aplica distintos métodos de control de enfermidades, cada vez menos efectivos, que crean resistencia e debilitan ás abellas. Da necesidade de mellorar o control sanitario das colmeas dun xeito efectivo e respetuoso coa natureza, nace o Programa MENA de Investigación e Experimentación en Apicultura

Este programa pretende dilucidar se determinadas condicións de habitabilidade no interior das colmeas, poden axudar a que a incidencia de varroa poda ser controlada polas propias abellas por debaixo dun umbral límite, o cal permite a supervivencia do enxame sen necesidade de tratamentos acaricidas¹.

Estas condicións de habitabilidade, actualmente en estudio son:

  • Reducir o número de intervencións no interior da colmea con fin de non alterar a homeostase do enxame.
  • Dispor os cadros da colmea en “disposición quente”; ou sexa, paralelos á entrada da colmea a fin de favorecer unha máis alta temperatura no núcleo vital do enxame.
  • Permitir que sexan as propias abellas as que elaboren a sua propia cera nos panais do niño de cría evitando o uso de láminas estampadas artificiais. 
  • Redución da distancia entre cadros do niño de cría mediante a inclusión dun cuadro adicional.


INFORME DE RESULTADOS DOS PROGRAMAS MENA 

Programa inicial MENA 2017

Resultados Programa MENA 2017.

Resultados Programa MENA 2018.

Resultados Programa MENA 2019: colmear 1, colmear 2, colmear 3, colmear 4, colmear 5, colmear 6


PROGRAMA MENA 2020

Modelo de Ficha para reconto mensual de varroas MENA 2020


1. A suspensión temporal dos tratamentos acaricidas está contemplada na ORDEN APA/735/2008, do 14 de marzo, pola que se modifica o anexo II do Real Decreto 608/2006, de 19 de maio, polo que se establece e regula un Programa Nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.

Queres formar parte do Programa MENA?

Formar parte do Programa MENA de Investigación e Experimentación é muy doado. Ademáis estarás aportando o teu gran de pole na procura de solucións alternativas a problemas que poñen en risco non só a continuidade da apicultura como actividade profesional, senon o equilibrio medioambiental necesario para a vida tal e como a coñecemos. Escríbenos e guiarémoste paso a paso.









Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

 .