Este será o terceiro ano de aplicación do Programa MENA de investigación e experimentación en apicultura para evitar tratamentos acaricidas nas colmeas.
Todas aquelas persoas que superen o curso poderán participar no Programa MENA 2019
O enxame debe ser considerado un ser vivo no seu conxunto e hai motivos de peso para que así sexa:
O custo desta 2ª parte do curso son 50€ (formalizando a matrícula antes do 5 de setembro)
Nº máximo: 25 persoas
Solicítanos información sen compromiso a bioapicultura@bioapicultura.org e te informaremos de todos os detalles e novidades sobre o Curso de BIOAPICULTURA 2019.
1) Plantas e abellas; unha relación simbiótica. Plantas melíferas do entorno e seguimento das súas floracións. Bases fisiolóxicas do néctar e do pole.
2) Fisioloxía do Enxame. Un superorganismo chamado Enxame. Órganos do enxame. Sistema hormonal do Enxame. Sistemas de comunicacións cara a dentro e cara a fora do enxame. Relación entre a homoestase do enxame e a súa saúde. Machos non tan vagos e a súa importancia na saúde da colmea.
3) Reproducción natural. Reproducción e ciclo biolóxico do enxame.
4) Patoloxías do enxame e o seu diagnóstico. Prevención. Momento de intervención.
5) Técnica MENA de manexo preventivo. Temperatura e Cera; os dous pilares da técnica MENA.
6) Produtos da Colmea; mel, pole, cera e própole e o seu cultivo natural. Parámetros de calidade e como conservalos.
Horario:
O día 7 de setembro con horario de 11 a 14h e de 16 a 20h. O día 8 de setembro será de 11 a 14h.
Este curso de BioApicultura é impartido por Xosé Manuel Durán Orús