As persoas que amamos e cultivamos abellas debemos ser os máis interesados en ter unha natureza saudable e libre de pesticidas. Nelo nos vai a saúde das nosas abellas, a nosa propia saúde e a dos nosos veciños.
Aquí tedes información do que o ser humano está a facer na natureza. Só así seremos conscientes das consecuencias e poderemos actuar.
1.- Presentación realizada en Málaga na XI Xornada Malagueña de Apicultura
PESTICIDAS-PRESENTACION MALAGA
2.- A Estación Fitopatolóxica do Areeiro en Lourizan e dependente da Deputación de Pontevedra fumiga eucaliptais con Imidaclorpid e o recomenda
Mansilla-Imidacloprid en eucaliptos
3.- Detectan insecticidas neurotóxicos en froitas e hortalizas. Observade a cantidade de pesticidas que poden conter os alimentos que consumimos con tal de que non cheguen ao LMR (límite máximo de residuos)
4.- Presenza de pesticidas nas augas subterraneas da Vega Media do Segura. En 2017 retiran 16 bandeiras azuis das praias do Mar Menor por contaminación agrícola e urbana
Pesticidas en augas subterraneas
5.-Estudo realizado pola Universidade da Coruña nas augas do río Xubia (Ferrol)
6.- Millo da marca Pioneer pildorado con neurotóxicos. Ver no punto 8.- como funcionan os neurotóxicos nas plantas e como chegan ás abellas.
7.- Millo pildorado con tiacloprid e comercializado en España e Galicia.
8.- Presentación de como actúa un insecticida sistémico neurotóxico no interior das plantas e como chega ás abellas
Enlaces de interese:
Este será o terceiro ano de aplicación do Programa MENA de investigación e experimentación en apicultura para evitar tratamentos acaricidas nas colmeas.
Todas aquelas persoas que superen o curso poderán participar no Programa MENA 2019
O enxame debe ser considerado un ser vivo no seu conxunto e hai motivos de peso para que así sexa:
O custo desta 2ª parte do curso son 50€ (formalizando a matrícula antes do 5 de setembro)
Nº máximo: 25 persoas
Solicítanos información sen compromiso a bioapicultura@bioapicultura.org e te informaremos de todos os detalles e novidades sobre o Curso de BIOAPICULTURA 2019.
1) Plantas e abellas; unha relación simbiótica. Plantas melíferas do entorno e seguimento das súas floracións. Bases fisiolóxicas do néctar e do pole.
2) Fisioloxía do Enxame. Un superorganismo chamado Enxame. Órganos do enxame. Sistema hormonal do Enxame. Sistemas de comunicacións cara a dentro e cara a fora do enxame. Relación entre a homoestase do enxame e a súa saúde. Machos non tan vagos e a súa importancia na saúde da colmea.
3) Reproducción natural. Reproducción e ciclo biolóxico do enxame.
4) Patoloxías do enxame e o seu diagnóstico. Prevención. Momento de intervención.
5) Técnica MENA de manexo preventivo. Temperatura e Cera; os dous pilares da técnica MENA.
6) Produtos da Colmea; mel, pole, cera e própole e o seu cultivo natural. Parámetros de calidade e como conservalos.
Horario:
O día 7 de setembro con horario de 11 a 14h e de 16 a 20h. O día 8 de setembro será de 11 a 14h.
Este curso de BioApicultura é impartido por Xosé Manuel Durán Orús
Terá lugar en Torrental-Boqueixón os días 7 e 8 de setembro.
O domingo 8 ás 12 da mañá, coma vén acontecendo dende hai 4 anos, celebraremos unha esmelga popular á cal estades convidadas todas as persoas que queirades disfrutar dun día melífero no que esmelgaremos o mel, explicaremos como as abellas son capaces de facer ese ouro doce da natureza e poderedes metelo dedo para probalo tal como sae do favo. Seguidamente terá lugar o xantar-convivium abelleiro na Carballeira de Sucira ao pé do río Ulla no que cada quen traerá algo para compartir:
Despois do xantar terá lugar unha xuntanza do gremio labrego de Nonéomesmo.
O sábado día 7 ás 11 da mañá comezaremos a 2ª parte do Curso de Bioapicultura no que visitaremos ás abellas do apiario de María Xosé e Paulino en Torrental e colocaremos os escapes nas colmeas ás que castraremos o mel ao día seguinte. Despois faremos un resumo do que é a Bioapicultura e falaremos dos produtos das abellas e unha cata comentada dos meles de Galicia.
Xantaremos ao pé do río Ulla xunto ás Illas de Gres no que cada quen traerá algo para compartir.
Xa pola tarde, faremos un resumo do Programa Mena e veremos os resultados do ano 2019 nos apiarios en estudo.
Esperámosvos en Torrental-Boqueixón.
Este ano 2019 fumos convidados a participar na XXI Xornada Malagueña de Apicultura en Antequera.
Nelas presentamos a ponencia sobre a Bioapicultura e o programa MENA.
Presentación do Programa Mena de Investigación e Experimentación en Apicultura. Comunicación oral presentada o venres 26 de outubro de 2018.
A Eira da Xoana anuncia un Curso de Bioapicultura para favorecer la cría de abellas.
Kirsten M. Ellegaard
Philipp Engel
Nature Communications volumen 10 , número de artículo: 446 (2019)
KasieRaymann, Nancy AMoran
Ver artículoMadhavi L. Kakumanu, Alison M. Reeves, […], and Mark A. Williams
Front Microbiol. 2016; 7: 1255.