Únete ao cambio     
Un xeito máis natural e intelixente de relacionarse coas abellas e coa natureza.

Qué está a pasar?

Hoxe as abellas xa non se valen por sí mesmas, precisan dos seres humanos para sobrevivir.

Con todo, somos nós os que contaminamos a natureza e a manipulamos ó noso antollo pensando máis en nós mesmos que nelas. Leva sendo así desde a Revolución Industrial no século XVIII, pero o noso mundo empeza a facer augas.

É momento de actuar

"Se as abellas desapareceran da faz da Terra, aos humáns só lles quedarían catro anos de vida". Albert Einstein.

Máis alá dos aspectos técnicos, practicar a BIOapicultura implica un cambio de conciencia. Decidir dunha vez por todas entrar nun mundo de colaboración no canto da confrontación, baseados nun manexo menos intervencionista e un deseño da colmea que interfira o menos posible na bioloxía do enxame. 


Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

 .